SMPlayer é unha interface gráfica (GUI) para o destacable MPlayer,
que é quen de reproducir case calquera formato de vídeo e audio
dos que arestora hai. Ver unha lista de todos os formatos que se soportan
SMPlayer funciona en Windows e Linux. Desenvolvido empregando Qt.
mplayer é un completo reprodutor de son e vídeo, pero carece de interface gráfica e difícil de usar para moitos. SMPlayer facilita o acceso ás funcionalidades de mplayer máis comúns e útiles, como seleccionar a pista de son e subtítulos, activar filtros de vídeo, sincronizar o son e maila imaxe, cambiar a velocidade de reprodución e moitas cousas máis, todo cunha interface agradábel e intuitiva. Tamén hai dispoñíbel un diálogo de preferencias moi completo con opcións para axustar o rendemento cambiar a cor e o tipo de letra dos subtítulos, configurar os atallos de teclado, etc.
Pero SMPlayer tamén incorpora outras funcionalidades interesantes, como a posibilidade de reproducir vídeos de YouTube, buscar e descargar subtítulos, crear vistas previas, etc.
Unha das características máis interesantes de SMPlayer: recorda as opcións que usaras para reproducir calquera ficheiro. Así, cando esteas a ver unha película e teñas que deixala por calquera cousa... non pasa nada: volves a abrila e estarache no mesmo minuto onde a deixaches e coas mesmas opcións de son, de pista, de subtítulos, ao mesmo volume...
Outras funcionalidades interesantes: