Material de prensa

Imaxes que poden usarse para artigos, blogues, opinións, etc.

Logos

SMPlayer logo
smplayer.svg

E-Cover

SMPlayer e-cover

Capturas

Algunhas capturas, en castelán e inglés.:

SMPlayer_screenshots.zip

Descrición curta

SMPlayer - Un reprodutor de son e vídeo libre con códecs incluídos e integración con YouTube.

SMPlayer é un reprodutor de son e vídeo libre que pode reproducir practicamente todos os formatos de son e vídeo grazas aos códecs que inclúe: AVI, MP4, MKV, MPEG, MOV, WMV, MP3, WAV, AAC, AC3, M4A, WMA… SMPlayer non precisa de códecs externos.

SMPlayer tamén pode buscar e reproducir vídeos de YouTube. Tamén pode atopar e descargar subtítulos de «opensubtitles.org». Inclúe un xerador de miniaturas que permite crear unha imaxe con miniaturas con capturas do vídeo. Unha das funcionalidades máis interesantes é a súa capacidade de continuar a reprodución no punto onde se deixou, de xeito que se comeza a ver un filme pero ten que marchar, non hai por que preocuparse; cando volva abrir o filme, continuará a reprodución por onde ía cando pechou SMPlayer.

Este programa é para persoas que buscan un reprodutor de son e vídeo con moitas funcionalidades e compatíbel con todos os formatos sen necesidade de perder tempo buscando e instalando paquetes de códecs adicionais.